venres, 28 de novembro de 2014

A casa das ciencias

Escrito por Xoel P.

A casa das ciencias é un museo con experimentos científicos, onde hai moitísimas cousas que ver. Entre elas, hai un planetario que está na parte superior, onde vimos unha película chamada "o vampiro vexetariano".

Despois, había moitísimos experimentos, como por exemplo: unha cámara na que se vía a calor, o funcionamento dunha radio por dentro, pero non había pócimas.

Con estes experimentos pódese aprender moitas cousas, pero as explicacións que había non eran suficientemente claras. Aínda así, é un lugar moi interesante.

Para finalizar, gustaríame recomendarlle a todo o mundo que vaian ó museo das ciencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario