Amosando publicacións coa etiqueta Manuel. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de outubro de 2014

O blog dos "maiores"

A diferenza do primeiro día de vida deste blog, xa temos nome. Non foi fácil escollelo, xa que había moitas ideas e moi boas, pero finalmente gañou a votación o seguinte título: O blog dos "maiores". 

Este nome identifícanos a todas e a todos os membros deste blog porque que serían estas idades sen as ganas de medrar, crecer e aprender.

Outras ideas que tamén apareceron o día de hoxe e que non saíron escollidas foron: O club máis raro do mundo e Os contos novos do mundo; que son exemplo das numerosas e variadas ideas que xurdiron na aula.

De todos modos, acordamos que o nome sería algo moi dinámico e que podería cambiar dentro dun tempo. Ó fin e ó cabo os "maiores" tamén siguen medrando e cambiando.

xoves, 9 de outubro de 2014

Presentación de intencións

Esta, espero, será a única entrada que escribirei como mestre, usando as miñas palabras e non as das miñas alumnas e alumnos. Con isto acabo de poñer a primeira pedra de moitas outras que a seguirán, pero esas pedras serán postas por todas e todos na nosa aula de 2º de primaria.

Como grupo aínda non temos un nome para o noso blog, nin tampouco unhas imaxes que o decoren, tampouco temos lectores, xa que non temos ningunha entrada -salvo esta- que se poidan ler... pero temos ilusión. Temos ilusión como mestre e como alumnos e alumnas de que isto funcionará.

A continuación uns comentarios sobre a filosofía e os obxectivos do blog.